Monday 29 de April de 2024

O Concello abre a inscrición para os campamentos urbanos de conciliación para o Nadal


· O 3 de decembro finaliza o prazo para anotarse e o servizo levará a cabo entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro no CEIP Manuel Fraga Iribarne.

O Concello de Cariño acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos urbanos de conciliación para este Nadal, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e que se desenvolverá no CEIP Manuel Fraga Iribarne entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro.

Terá lugar de 9:30 a 14:30 horas e as prazas están limitadas a 36 participantes, divididos en tres grupos segundo idades, sendo asignados seguindo os criterios establecidos nas bases. O custo por asistente e para os 8 días da actividade é de 24 euros (18 euros para o segundo irmán e 14 euros para o terceiro e seguintes).

As inscricións realizaranse na casa do concello entre as 9 e as 14 horas e sempre solicitando cita previa.